A Corporación aproba unha proposta de Espazo Común para a construcción dun paseo no río Carrás. Escoita aquí a Adolfo Nogueira.

A corporación carballiñesa aprobou por unanimidade iniciar xestións ante a Confederación Hidrográfica para a recuperación das ribeiras do Carrás ao seu paso pola zona urbana do Carballiño, incluíndo a construcción dun paseo, ao estilo do que xa existe no río Arenteiro.
A proposta foi presentada ao pleno polo grupo municipal de Espazo Común, que tamén defendeu ante o pleno que concello e Xunta traballen para favorecer a apertura da Residencia de Tempo Libre, alomenos dez meses ao ano.
Escoita aquí a intervención en COPE O Carballiño do concelleiro e portavoz de ESCO, Adolfo Nogueira: