A corporación aproba unha proposta do grupo socialista para demandar un acceso á AG-53 dende O Irixo
O grupo municipal socialista (na foto) contou co apoio do grupo de goberno do Partido Popular, polo que a moción que presentou ante o pleno da corporación foi aprobada por unanimade.
Na mesma, acórdase que o concello do Irixo se interese por un novo enlace da autovía Ourense-Santiago, en dirección Ourense, a altura do concello de Dozón, na parte próxima á parroquia de San Cosme de Cusanca. Tamén que se requira a colaboración tanto da Xunta como das Deputacións Provinciais de Ourense e Pontevedra para a mellora da estrada de San Cosme de Cusanca, entre O Irixo e Dozón, para asi facilitar un acceso á vecñanza do Irixo coa AG-53.
Nesta mesma sesión de pleno tamén foron aprobadas, e tamén por unanimidade, outras dúas mocións do grupo municipal socialista, unha para que o concello presente unha queixa formal ante a empresa subministradora de enerxía eléctrica polos cortes no suminstro que sufríu o municipio nos últimos meses, e a outra para pronunciarse sobre "os recortes de servizos sanitarios nos hospitais da provincia de Ourense"