A Corporación do Irixo debatirá este xoves unha moción socialista sobre a instalación da incinerdora
Os socialistas do Irixo presentarán unha moción contra a instalación dunha planta incineradora de lixo neste concello que será debatida no pleno do vindeiro xoves 26 de abril ás 13.00 horas.
O portavoz, Javier Rodríguez, critica os intentos do alcalde por non dar a cara ante os veciños no que sen dúbida foi o asunto municipal máis importante dos últimos anos. “Nesta ocasión traslada das 9.00 ás 13.00 horas a celebración dun pleno que ten 11 puntos de orden do día, co único obxectivo de baleirar o salón de plenos e evitar o que el chama posibles incidentes”, explica.
Rodríguez apunta que “o Partido Popular ten que deixar de buscar escusas e asumir dunha vez a súa responsabilidade neste tema”.
“É indecente recortar os dereitos democráticos doutro grupo político escudándose en algo que non pasou, actitudes que recordan a outras épocas que deberían estar xa desterradas”, conclúe.