A Corporación insta a Renfe, Adif e Xunta a manter e mellorar os servizos de transporte de viaxeiros en tren e autobús
O acordo adoptouse por unanimidade do pleno corporativo, partindo dunha moción do PSdeG e unha enmenda transaccional promovida polo Partido Popular.
O concello carballiñiñés instará a Renfe e Adif a non supresión do Tren-Hotel dos sábados, o único servizo ferroviario de viaxeiros entre a estación do Carballiño e Madrid.
Tamén se vai instar á Xunta de Galicia para que poña en funcionamento un "tren de cercanias operativo" entre as estacións do Carballiño e Ourense, e que -ademáis- aposte decididamente pola creación dunha estación intermodal para O Carballño, que debería ubicarse na propia estación de ferrocarril.
Finalmente, o concello do Carballiño vai presentar alegacións ao expediente da Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Infraestructuras en relación a regularización da concesión administrativa da empresa Mombus para transporte de viaxeiros por estrada. A corporación municipal acordou demandar da empresa que poña en marcha servizos por autovia entre O Carballiño e Ourense, con intervalos de hora e media, desde as 7 ás 20,30 horas, asi como desde Ourense a O Carballiño, entre as 7,30 ás 21,30 horas.