A Corporación Municipal acorda por unanimidade unha reunión de traballo co concello de Maside para avanzar no proxecto supramunicipal de solo industrial
Asi o acordou por unanimidade no pleno celebrado hoxe a corporación carballiñesa, tras debatir unha moción do grupo municipal de Espazo Común que puxo de manifesto a carencia de solo industrial no municipio, unha vez que están practicamente agotadas as parcelas dispoñibles no actúal parque empresarial.
Desta maneira, pretende chegarse a un acordo co veciño concello de Maside para darlle continuidade a zona industrial carballiñesa, pero xa maioritariamente dentro do territorio municipal de Maside, ao considerarse ésta como a opción máis favorable.
Os terreos que servirían para esta ampliación sitúanse entre a estrada do eixo do Ribeiro e a zona de Agro de Quinta, na parroquia de Dacón e dentro do ámbito municipal de Maside.
Para avanzar neste proxecto supramunicipal, vaise propoñer unha reunión de traballo entre a representación de ambos os dous concellos.
Doutra parte, tamén houbo unanimidade para reactivar o concurso de ideas para a mellora do parque municipal do Carballiño, tal como demandou neste pleno o Partido Popular, para retomar un proxecto que agora mesmo estaba en punto morto.
Tamén por unanimidade, a corporación aprobou unha moción de urxencia do BNG para proceder de inmediato á aprobación das bases que regularán a concesión de axudas para autónomos, comerciantes, hosteleiros e colectivos máis vulnerables afectados pola crise económica do coronavirus.
O pleno tamén aprobou as bases tanto para a adxudicación do Muiño das Lousas como do Servizo Municipal de Axuda no Fogar. No caso do Muiño das Lousas os grupos da oposición pediron, sen éxito que se retiráse da órden do dia ao entender o prego de bases como "incoherente" en moitos dos seus apartados.
A sesión, que se prolongou por espazo de cinco horas, iniciouse por parte da Corporación gardándose un minuto de silencio na lembranza e homenaxe ás vítimas da pandemia e de José González Ferreiro "Chiquilín", o traballador municipal recentemente falecido.