Correos promociona a Festa do Pulpo a través das pantallas das oficinas de varias provincias españolas
Correos e o Concello do Carballiño asinaron un acordo polo que se promociona a Festa do Polbo en oficinas de Correos de 8 provincias españolas.
Os cidadáns poderán coñecer esta festa declarada de Interese Internacional a través de pantallas colocadas en oficinas de Alacante, Barcelona, Madrid, Segovia, Sevilla, Valencia, Zamora e Zaragoza.
A Festa do Polbo celebra en 2022 a súa edición número 60, dedicada ao ano Xacobeo e que se celebrará, como é tradición, o segundo domingo de agosto. O parque municipal do Carballiño acollerá a gran romaría na que miles de persoas degustarán este emblemático produto gastronómico, salienta Correos no seu comunicado informativo.
Con este novo servizo de pantallas nas oficinas de Correos, o Concello do Carballiño atopa unha nova canle de promoción para a Festa do Polbo repartido pola xeografía española. As pantallas colocadas en Correos contan cunha gran visibilidade entre os cidadáns: en 2021 as oficinas españolas rexistraron máis de 89 millóns de visitas.