CP AlertaNavia 0-0 CD Arenteiro
O equipo carballiñés suma asi o noveno partido consecutivo invicto en liga, e tamén a sexta xornada consecutiva como líder da Preferente Galicia, tralo empate sen goles na súa visita ao campo municipal Manuel Pahiño, na populosa barriada de Navia, en Vigo.
O Arenteiro estivo impecable en defensa durante os 90 minutos de partido, de feito os locais non provocaron nin unha soa situación de perigo ante a portería de israel, bo traballo defensivo todo o equipo, ao que privou da victoria a falta de definición nos últimos metros.
De feito, tivo o Arenteiro un par de ocasións no primeiro tramo do partido, e outras dúas nos últimos minutos, a máis clara de Esteban, que rematou de cabeza un balón que se foi desviado cando o porteiro visitante xa estaba superado.
Unha magoa, porque se os verdes estivesen so un chiquiño máis finos nos últimos metros houbesen regresado a O Carballiño cos 3 puntos, asi e todo, merece destacar o enorme traballo defensivo de todo o bloque sen excepción, anticipandose en todo momento aos xogadores rivais e facendo un enorme derroche físico. Tamén no aspécto positvo, suliñar o regreso do dianteiro Vitti que dispuxo dunhos minutos no tramo final do partido, 3 meses despóis da súa lesión en pretempada a principios de Agosto.
CD Arenteiro: Israel, Pol, Vilachá, Maxi, Saúl, Dafonte, Bardelás, Carlos de Dios, Rubén Arce, Varandela e Alberto. Tamén xogaron Esteban, Iván Portos, Vitti e Cristián.