A crise da construcción deixou en suspenso 680 vivendas no Concello do Carballiño
Os datos foron facilitados polo Concelleiro de Obras e Urbanismo do Concello do Carballiño, Manuel Amil, no transcurso da súa interveción no programa "A Mañá de Cope O Carballiño", en total son 680 vivendas as que quedaron en suspenso, sen que os promotores desenvolvesen os proxectos que tiñan xa tramitados ante o departamento municipal de urbanismo. As 680 vivendas estaban proxectadas desde o ano 2007, nun total de 23 edificios, que contaban coa correspodente licencia de obra outorgada polo Concello do Carballiño. As malas previsións de vendas do sector, motivaron a suspensión dos proxectos por parte das empresas promotoras. Os datos son certamente moi siñificativos e confirman a recesión da construcción no ámbito municipal, un dos sectores clave na economia local, que mantivo historicamente un número de postos de traballo incluso por enriba de outras actividades, como a industrial. Esta caída na construcción no Concello do Carballiño xa se viña rexistrando, maís lentamente desde o ano 2003, xa que no "Anuario económico La Caixa 2009" recollíase que no quinquenio 2003-2008 a actividade no sector da construcción descendera un 15,2 no Carballiño, unha porcentaxe que, evidentemente, está xa moi por enriba nos dous últimos nanos. Os últimos datos veñen a confirmar agora que a construcción de vivendas está en caída libre, tamén no Concello do Carballiño. O Concelleiro de Obras e Urbanismo, Manuel Amil, recoñeceu que os datos son moi negativos e preocupantes, e manifestou que "tratarémos de contrarrestálos na medida das nosas posibilidades coas obras públicas do Plan E para este ano".