Cruz Vermella e Josuma poñen en marcha unha campaña solidaria de recollida de alimentos
A empresa carballiñesa do sector do automóbil e a ONG asinaron un convenio de colaboración, mediante o que se ven de poñer en marcha esta acción solidaria.
Consiste na recollida de productos de alimentación non perecedeiros, de hixiene, infantís, nestas datas e nas propias instalacións de JOSUMA na rúa Ourense do Carballiño, onde un belén recibirá aos que se acheguen a colaborar nesta actividade solidaria.
Adememáis, e coincidindo con esta campaña,JOSUMA achega dous productos por cada vehículo que requira os servizos do taller, tal como explicou a xerente da empresa, Carmen Mosquera.
Pola súa parte, o presidente do comité provincial da Cruz Vermella, Felipe Ferreiro, puxo en valor esta iniciativa dunha empresa da que ademáis destacou a súa condición famiilar.