CXG elixe a Gonzálo Fernández Iglesias como secretario da nova Agrupación Local de San Amaro
Compromiso por Galicia presentou a súa nova Agrupación Local no concello de San Amaro, no transcurso dun acto celebrado esta pasada fin de semana.
Gonzálo Fernández Iglesias resultou elexido como primeiro secretario local desta nova agrupación da formación galeguista.
O acto contou coa presenza do coordenador comarcal de CXG, Eladio Fernández, asi como do secretario xeral Xoán Carlos Piñeiro Docampo.
O Obxetivo primordial da nova agrupación é traballar nun proxecto electoral para as próximas eleccións municipais do ano que ven no concello de San Amaro.