A da Saleta de Cea, que rexistra cinco casos de Covid, a única residencia de maiores afectada na comarca.

28, Outubro 2020

Os xeriátricos da comarca do Carballiño contiúan mantendo a raia o coronavirus, asi se desprende dos últimos datos facilitados polo departamento de Política Social da Xunta de Galicia e no que se recolle a incidencia da Covid-19 nas residencias de maiores de toda Galicia. Dende que se declarou a pandemia apenas se rexistraron media ducia de casos illados, e ningún contaxio masivo.

A Residencia da Saleta de Cea é a única da comarca do Carballiño que aparece a dia de hoxe  nesta relación de centros afectados, con 5 contaxios activos entre os seus usuarios. As residencias e vivendas comunitarias de maiores de Dacón, Boborás, Maside, Cea, O Irixo, Beariz, San Amaro, Partovia e O Carballiño (3) suman preto das cincocentas prazas residenciais.