Dacal, sobre a polémica polo anuncio da celebración da Festa do Pulpo "quedáronse co titular, había que ler a letra pequena"
O concelleiro de turismo do concello do Carballiño, José Manuel Dacal, non entende a polémica suscitada polo anuncio de dedicar a Festa do Pulpo deste ano 2020 aos sanitarios, e persoal de emerxencias e traballadores que estiveron en primeira liña na loita contra o Covid-19.
Tras este anuncio do concello carballñés, feito nun comunicado informativo difundido o pasado sábado, o mesmo suscitou críticas dos grupos da oposición ao considerar que nin é o momento nin as formas, e xerou un amplo debate entre audiencia de COPE O Carballiño sobre a conveniencia ou non deste anuncio e mesmo sobre a celebración ou non da festa do pulpo neste ano 2020, a 58 edición da festa.
Dacal ten unha explicación para esta polémica "igual é que so leron o titular, que igual non foi de todo acertado, e non leron a letra pequena do comunicado", xa que o concelleiro ten claro que en ningún momento "deixamos de decir que o que se faga será con todas a medidas de seguridade que sexan precisas, non creo que nin o Goberno ou a Xunta, que vai autorizar as verbenas, vaian permitir que nos contaxiemos".
"Non imos deixar morrer a festa, e todos sabemos o que representa para O Carballiño, xa verémos con que formato, pode ser parecido o da festa da cachucha, pero si xa temos as pulpeiras os dias de feira, non vexo o motivo que non poidan estar o dia da festa do pulpo", reflexionou Dacal.
Aínda que polo tanto non está decidido o formato de organización que terá a festa "dependerá da evolución da pandemia, en todo caso, sí que terémos festa do pulpo", asegurou o concelleiro de turismo.