Dacón celebra este domingo de nadal a 35 edición do seu Belén Viviente, representado por 70 veciñas e veciños da localidade
A carballeira da Garrida acolle dende as 12 do mediodia a tradicional representación do Belén Viviente de Dacón, que chega neste 2022 á súa 35 edición, e na que 70 veciñas e veciños da localidade serán actrices e actores por unha horas.
A organización agarda que a choiva, que según os pronósticos imos ter neste domingo de nadal, non sexa motivo que obrigue a ter que suspenden as actividades previstas. Se fose asi, adaptaríase a representación á igrexa parroquial de Dacón.