Dacón celebra as festas de Santa Rita, con devoción, música, verbenas e o 1º Fest Dacón 2024.
As tradicionais festas de Santa Rita de Dacón chegan aos seus días grandes esta semana, tras completarse o novenario que se veu celebrando no templo parroquial, a novena das novenas da nosa comarca, que volveu estar concurridísima outro ano maís.
Atrás quedan tamén algunhas actividades xa celebradas, como a Xuntanza de Coches Clásicos, a Ruta Cabalar ou os Concursos de cabalos, e cea popular.
Xa para este mércores 22, as misas sucederánse toda a mañá desde as 7:30 horas ás 12:30 do mediodia que será a solemne con procesión. Haberá pasarrúas e concertos coa Banda Popular de Rubiós, e pola noite para a verbena do Dúo Explosión e a orquestra "La Fórmula" que ofrecerá un único pase en horario de 23:30 h. a 02:30 da madrugada.
Para o xoves dia 23, amenizará a xornada a Charanga Castro Bello, e pola noite na verbena alternarán as orquestras Os Satélites e Miramar.
Finalmente, para o venres 24 a partir da noitiña celebraráse o 1º Dacón Fest, que contará coa disco móbil Eme Music e os DJs Roquiño, Marcos Magán, Expósito e Smile.