Dar Trela abre "Casa Rohelia", á beira da ponte de Toscaña, unha novidosa proposta teatral
Unha casa ao pé da ponte de Toscaña será o marco no que se desenvolva a primeira produción escénica do novo grupo de teatro DAR TRELA, que se estrenará o próximo venres, 5 de xuño, cun aforo limitado de vinte persoas, e para o que é preciso realizar a correspondente reserva.
Esta experiencia teatral, insólita e pioneira na provincia de Ourense e Galicia, foi presentada por tres integrantes do grupo, Clara Vázquez, Darío Rodríguez e Xabier Nóvoa) e o concelleiro de Cultura, Diego Fernández.
CAS ROHELIA non é unha obra de teatro ao uso, senón diversas formas de expresión (poesía conceptual, monicreques, teatro do absurdo, monólogos, microrelatos e teatro negro) que se suceden en diversos lugares dunha casa: afora, na cociña, no corredor, no salón e no fallado. E como remate, un coloquio entre os espectadores e os intérpretes.
Clara Vázquez explicou o contido do espectáculo: Os espectadores chegan á casa, que se atopa na baixada a Toscaña fronte á ponte. Non ten perda porque ten unha finca de millo. Afora da casa haberá unha sesión inicial cos convidados de poesía conceptual e monicreques. Xa no interior, na cociña, haberá unha mostra de teatro do absurdo. No corredor, un monólogo interior. No salón, microrelatos con temática de realismo social. E no fallado, unha mostra de teatro negro no que a temática será o medio ambiente. Finalmente, ao salir, haberá un coloquio entre actores e convidados.
É unha produción que se dirixe directamente ao mundo das emocións, dixo Clara Vázquez.
Non é comedia, senón unha nova experiencia, ou, como dixo Darío Rodríguez, unha nova forma de expresión e de interacción entre o espectador e os actores. Doce actores e actrices interpretan os diferentes roles desta proposta teatral que non deixará a ninguén indiferente.
O comezo do espectáculo está previsto para as 22,30 h., e terá unha duración aproximada de 1 h 30 mn., contando os desprazamentos polos diversos escenarios da vivenda. Ademáis da sesión inaugural o venres, 5 de xullo, haberá sesións o sábado e o domingo, 6 e 7 de xullo, á mesma hora.
O prezo da entrada é de 7 euros, e non se poderá adquirir en taquilla, senón de xeito anticipado a través de whatsapp ou chamando aos teléfonos: 645167278 ou 600829089.
Diego Fernández agradeceu o esforzo que realiza este grupo, que é novo pero que conta cunha gran experiencia teatral, por crear algo diferente e novidoso, e desexoulles moito éxito e parabéns.
Xabi Nóvoa agradeceu a Xesús Carballiño (Chechu) a composición da música do espectáculo, que é orixinal; A Chus Otero a elaboración do cartel e ao concello do Carballiño por ceder o auditorio para os ensaios. Finalmente, animou a vivir esta experiencia completamente diferente a calquera produción teatral convencional.