Dato interanual: O Carballiño e comarca incrementan en 292 os afiliados á Seguridade Social
O municipio do Carballiño rexistra con data de 31 de Decembro de 2016 un total de 4.100 afiliacións á Seguridade Social, incrementando en 200 persoas o número de cotizantes en relación a Decembro de 2015, daquéla 3.900 afiliados.
Desta maneira, O Carballiño continúa á cabeza no rankíng provincial de afiliacións á Seguridade Social, exceptuando a capital, tendo case 500 cotizantes máis que Verín e perto de 700 máis que O Barco de Valdeorras, que ocupan as seguintes posicións.
Por sectores, O Carballiño conta con 2.521 afilados ao réxime xeral e 1392 ao rexime de autonómos, 181 ao rexime do fogar e 6 ao agrario.
Tamén se incrementa en termos interanuais o número de afiliacións á Seguridade Social no conxunto dos concellos da Comarca, con 92 novos cotizantes en relación a un ano atrás. A do Carballiño tamén é, tras a da capital, a segunda comarca da provincia con máis afiliacións.
A suma total de afiliados á Seguridade Social nos 9 concellos da comarca, según este último dato actualizado, ascende a 6.359 persoas. En todo caso, un número moi por debaixo se retrocedemos aos anos anteriores á crise, xa que fai unha década a comarca rondaba os 7.000 afiliados.