Debút histórico do Arenteiro Feminino en competición oficial, con triunfo ante o Casablanca no campo de Samil de Vigo
Xogábase este domingo dia 2 de outubro un partido que queda xa para a historia do club e do fútbol 11 feminino carballiñés, xa que o Arenteiro Feminino debutaba en competición oficial na Segunda División Feminina Galega no campo vigués de Samil.
Unha historia que comeza, e ademais da mellor forma posible para as rapazas verdes do Arenteiro. O equipo dirixido por Alba Rodríguez lograba un gran triunfo ante as viguesas do Casablanca, sendo Letizia Hermida a autora do histórico primeiro gol do Arenteiro Feminino en competición oficial, mentres que María Juan e Lidia Rodríguez completaban o 0-3 a favor das carballiñesas.
Ficha do partido: https://www.futgal.es/pnfg/NPcd/NFG_CmpPartido?cod_primaria=1000120&CodA...