Decenas de miles de persoas -70.000 según o concello- gozan da gran pulpada carballiñesa
Como cada segundo domingo do mes de agosto O Carballiño volveu reunir a decenas de miles de persoas convocados pola gran pulpada galega elaborada no parque municipal por 21 pulpeiras e pulpeiros de Arcos, e outros tantos repartidos polo casco urbano.
Dende primeiras horas da mañá a chegada de visitantes foi masiva, e aínda que o epicentro da festa sigue estando no parque municipal co xantar campestre como o gran protagonista, a afluencia de público foi tamén multitudinaria nas rúas máis céntricas do Carballiño, onde a maior parte da hostelería local fixo o seu gran agosto.
Dende a organización, a cargo do concello do Carballiño, apúntase a cifra dos 70.000 participantes nesta 53 edición da convocatoria festiva e gastronómica carballiñesa.
O alcalde Carballiñés Francisco Fumega salientou que "as expectativas de asistencia cumplironse con creces este ano, esto é mérito de todos os que durante 53 anos traballaron para que a festa chegase con esta vitalidade ata o presente, a festa é mérito de todos os que nos precederon e agora a nosa obriga e seguir traballando para que siga sendo a gran referencia das festas gastronómicas galegas". No recinto do concello, onde unhos 1.500 comensais degustaron o menú da festa, coincidiron co actúal rexedor outros catro exalcaldes carballiñeses, que que poden verse na foto de COPE O Carballiño.
A xornada festiva, que culminou unha semana repleta de actividades e ambiente no Carballiño, desenvolveuse sen incidencias reseñables e con normalidade. O operativo de seguridade, no que participaron 120 persoas, incluídas as forzas e corpos de seguridade, e persoal sanitario, non rexistraron intervencións de relevancia.