Decisión firme contra a que non cabe recurso: o TSXG desestima a apelación de Pachi Vázquez contra o seu procesamento
A Sala do Civil e o Penal do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia rebate con 11 argumentos xurídicos as alegacións feitas pola defensa do exalcalde do Carballiño. Polo tanto, sigue adiante o proceso aberto pola xustiza contra Pachi Vázquez.
A Sala do TSXG avala desta maneira a decisión do Xuíz Instructor do caso, tras a querela presentada pola Fiscalía, por un presunto delito de prevaricación continuada en relación á contratación de persoal no concello do Carballiño durante os mandatos municipais nos que Pachi Vázquez foi alcalde do Carballiño.
A resolución do alto tribunal galego é "firme" e advierte que "contra a mesma non cabe recurso".