Declarado no concello de Piñor o primeiro foco do covid das vacas na comarca do Carballiño
A Xunta ven de confirmar cinco novos focos da Enfermidade Hemorráxica Epizoótica (EHE) en Galicia, un deles nunha explotación do concello de PIñor, o primeiro que se rexistra na comarca veterinaria do Carballiño.
A EHE, chamada o covid das vacas, é unha enfermidade infecciosa producida por un virus que se transmite aso animais exclusivamente a través da picadura de mosquitos do xénero culicoides,spp.
A única via de contaxio nos animais -aclara no seu comunicado a Xunta- é a través da picadura dos mosquitos transmisores, polo que non é posible a transmisión directa ou indirecta entre eles. Ademáis, tamén explican que esta enfermidade non afecta ás persoas, nin pola picadura do mosquito transmisor, nin por contacto con animais infectados, nin polo consumo de productos de orixe animal como carne ou leite destes animais.