As defuncións na comarca do Carballiño durante a pandemia, inferiores ás dos últimos anos no mesmo periodo de tempo
O número de defuncións na comarca do Carballiño durante os meses de Marzo, Abril e Maio deste ano 2020, foi inferior ao dos dous últimos anos, o que pon de manifesto a nula incidencia da pandemia do covid na mortalidade local.
Se comparamos os datos das defuncións rexistradas nos últimos anos no conxunto dos nove concellos da comarca do Carballiño durante os meses de Marzo, Abril e Maio, vemos que en 2018 contabilizáronse 112, en 2019 o número de mortes ascendeu a 115 durante este mesmo periodo, mentres que neste ano 2020 rexistraronse 94 defuncións, según os datos aportados a esta emisora de radio polas empresas funerarias, mentres que os datos dos dous anos anteriores correspóndense cos que figuran nos rexistros civís.
Desta maneira, observamos que a mortalidade na comarca do Carballiño coincidindo cos meses da pandemia do coronavirus resulta máis baixa que os dous anos precedentes neste mesmo perido de tres meses, contabilizándose 18 falecementos menos en relación a 2018 e 21 menos en relación a 2019.
Dende que se declarou a pandemia non se rexistrou ningún falecemento por coronavirus ente a veciñanza residente en calquera dos concellos da comarca, aínda que sí houbo que lamentar a morte como consecuencia do Covid-19 de veciños naturais da comarca, en total foron 9 vitimas, pero en todos os casos residentes fora da nosa comarca.
A actúal taxa bruta de mortalidade na comarca carballiñesa sitúase no 16,53% por mil habitantes, polo tanto superior á media galega que está no 11,57% según os últimos datos, o que siñifica que cada ano falecen, con pequenas oscilacións, arredor das 440 persoas na comarca do Carballiño.