A delegación municipal visita a factoría de GRI Towers argentina, na que traballa persoal formado no Carballiño
Tal e como estaba previsto, a delegación municipal encabezada polo alcalde, Fancisco Fumega, e os concelleiros José Manuel Dacal, Argimiro Marnotes e Xosé Francisco Ferreiro, xunto co resto da delegación carballiñesa que acude aos actos de conmemoración do centenario do Centro do Carballiño en Bos Aires, visitaron a factoría de GRI Calviño Towers Argentina.
Dase a circunstancia de que esta factoría conta cun encargado e algunhos traballadores que se formaron na empresa de aeroxeradores ubicada no Polígono Industrial da Uceira no Carballiño.
Esta fábrica comezou a súa producción no segundo semestre do pasado ano tras o acordo subscrito entre GRI Renewable Industries (GRI), división industrial eólica da Corporaclión Acek, e a Metalurgia Calviño (CALVIÑO) para iniciar a fabricaclión de torres eólicas na Arxentina.
Está ubicada nas naves industriais que CALVIÑO posúe en Florencio Varela, na provincia de Bos Aires, a uns 26 kilómetros da capital, e que da traballo a arredor de 300 persoas.
É unha das doce fábricas que GRI ten repartidas por todo o mundo, incluida a fábrica do Carballiño.