Demandan a apertura da Residencia de Tempo Libre durante todo o ano
Primeiro foi a CIG quen alertou da diminución do tempo de apertura e agora son PSdG e BNG quenes anuncian a presentación dunha moción ante o pleno municipal para tratar este asunto.
Según os socialistas "no ano 2009 a Residencia funcionaba durante a práctica totalidade do ano e agora a Xunta asegura un funcionamento de tan só catro meses", unha situación que leva ao PSdG a "amosar unha fonda preocupación". Igual que fixo o sindicato da CIG, os socialistas tamén consideran "a merma que supón nas nóminas dos 27 traballadores, que pon a 27 familias do concello nunha situación económica e laboral de precariedade".
Inciden tamén no "ataque a sectores económicos que esto supón, como a hostelería, comercio e turismo, que se verán privados de visitantes que facían compras na vila e axudaban a dinamizar o noso sector turístico, rachando unha tradición da que se favorecía O Carballiño dende os anos 60". Por elo, o grupo socialista anuncia a presentaicón dunha moción na que instará ao alcalde para que "realice as negociacións necesarias pra que a Residencia do Carballiño abra as súas instalacións ao longo de todo o ano".
A maiores, os socialistas solicitan da alcaldia do Carbaliño "politicas imaxinativas e a aposta decidida pola creación de emprego local, poñendo en marcha programas de cooperación con todo tipo de institucións e colectivos, para que utilicen estas instalacións e mesmo deste xeito incrementar os postos de traballo arredor da actividade que oferta a Residencia de Tempo Libre".
Tamén a concelleira do BNG Áurea Francisco promove unha moción con este mesmo obxetivo, a dinamización da Resdiencia. O Bloque Nacionalista Galego propón a creación dunha comisión municipal na que estean representados os 3 grupos políticos municipais para traballar na "viabilidade e optimización da Residencia de Tempo Libre" e conseguir a súa apertura durante todo o ano.
O grupo nacionalista achega na súa moción outras tres propostas: xestións coa Consellería de Traballo e Benestar para conseguir o obxetivo marcado, ofrecer as instalacións á Federación Galega de Municipios e Provincias para a celebración de todo tido de eventos, e finalmente, xestionar co Ministerio de Educación a posiblidade de crear no Carballiño un centro da UNED.