Demandan "rigor" na contratación laboral no concello
O Grupo Municipal Socialista denuncia a falta de rigor na contratación do persoal para o concello de Leiro .
O Portavoz, Manuel Rodríguez "ten constancia de dende o pasado luns nas brigadas de Cooperación hai un traballador que se censou fai dous meses no concello de Leiro, e que ante a petición de explicacións do grupo municipal o alcalde escudouse en que o servizo Galego de Colocación foi quen lle enviou os candidatos pero quen fai a selección e o propio concello", dixo.
Dende o Grupo Municipal Socialista esixínlle ao alcalde "que faga unhas bases de contratación que garanticen os principios de igualdade mérito e capacidade e que non quede en entredito que no concello de Leiro se contrata sin máis criterio que o de a amizade, e favores...cando moitos veciños están en situación de desemprego e non se lles da ningunha opción para traballar no mesmo", manifesta Rodríguez.