Demografía empresarial da Comarca: Do total das 2.387 empresas existentes, 1.628 non teñen asalariados, e 460 entre un e dous.
A demografía empresarial da Comarca do Carballiño mostra que das 2.387 empresas que se contabilizan (1.628) son autónomos que non teñen asalariados, o que representa o 68% do total das unidades empresarias existentes, según os datos que recolle no seu último informe o Instituto Galego de Estatística.
Ademáis, outras 460 empresas teñen entre un e dous asalariados, o que pon de manifesto o gran minifundio empresarial da Comarca do Carballiño.
Tan so unha empresa aparece no rango entre os 250 e os 499 empregados, que ten a súa actividade no parque empresarial do Carballiño, e tan so outras 3, dúas do Carballiño e unha do concello de Piñor, teñen máis de cen traballadores, e tan so unha do Carballiño está no rango entre 50 e 99 traballadores.
Entre 20 e 49 empregados están 24 empresas, o resto son pequenas empresas que teñen entre 3 e 19 asalariados.
Por concellos, a capitalidade comarcal, O Carballiño conta con 1473 empresas.
San Cristovo de Cea é o segundo municipio con máis empresas, ao contabilizar 238, mentres que Maside con 227 está en terceira posición en número de empresas no ámbito comarcal.
Xa a bastante distancia está PIñor, que conta con 117 empresas, Boborás con 99 unidades empresariais e O Irixo con 89, respectivamente.
Despois, completan este ranking comarcal polo número de empresas, está San Amaro con 70 empresas, e as últimas posicións son para Punxín con 39 e Beariz con 35 empresas., según os datos que recolle o informe.