Denuncian no xulgado ao alcalde de Piñor pola contratación de persoal dos últimos anos
A denuncia, presentada nos xulgados do Carballiño, partíu dunha Plataforma Veciñal constituída no concello de Piñor.
Consideran os denunciantes que, durante os últimos anos e dende que o socialista Francisco Fraga obstenta a alcaldía do concello de Piñor, non se cumpliron as máis elementais garantias legais, e tampouco se respectaron os procedementos que rexen na contratación pública.
Cando o actúal alcalde accedeu ao cargo, recordan, o concello de Piñor contaba con 3 traballadores no seu cadro de persoal, mentres que na actualidade son 20 os traballadores que integran a nómina muncipal nu concello de 1.237 habitantes según o último padrón de habitantes de Piñor.