A deputación concede unha axuda de 100.000 euros a Aspadisi para axudar á financiación da residencia que está construindo
A Xunta de Goberno da Deputación de Ourense, na súa reunión desta semana, ven de acordar unha achega económica por importe de 100.000 euros para a Asociación de Pais de Discapacitados Psíquicos do Carballiño, unha axuda destinada á construcción dunha residencia para usuarios e familiares.
O proxecto promovido pola propia asociación, xa en fase de execución, contempla a creación dun espazo residencial ubicado a carón do actúal Centro Ocupacional de Aspadisi e prevé unhas instalacións que contarán con 16 habitacións dobles con capacidade para 32 prazas. O orzamento previsto para este proxecto supera o milón de euros, e precisamente, este xoves os responsables de Aspadisi Josefa Rodríguez e Manolo Amil, darán conta do ritmo que levan as obras, asi como das axudas que están recibindo para que esta obra poida ser unha realidade.
Nexto contexto, presentarán unha campaña informativa na que darán conta do proxecto á sociedade carballiñesa e comarcal, pedindo a súa implicación para poder cubrir o importante investimento económico que se precisa reunir, para elo agardan a colaboración non so das institucións públicas senón de empresas e do conxunto da cidadanía en xeral.
Aspadisi dende fai anos xestiona o Centro Ocupacional, que atende non so a persoas con dispacidade psíquica do Carballiño, senón tamén veciños e veciñas de diversos concellos das comarcas do Carballiño e O Ribeiro.