A Deputación de Ourense acometerá a reposición integral do terreo de xogo do Estadio de Espiñedo, cun orzamento de 186.000 euros

17, Marzo 2021

Unha das obras máis agardadas nos últimos anos no Estadio Municipal de Espiñedo será unha realidade este mesmo ano, a reposición integral do terreo de xogo, que ten unha superficie de 105X67 metros.

A directiva do CD Arenteiro fixo público hoxe un comunicado informando que "tal como comunicou o presidente da Deputación Manuel Baltar a Argmiro Marnotes, presidente de CD Arenteiro, o importe da execución desta obra será incorporado na modificación orzamentaria da Deputación e aprobaráse no pleno deste mesmo mes de marzo".

O proxecto, elaborado polo arquitecto municipal do concello do Carballiño, ascende a algo máis de 186.000 euros. Consistirá en levantar a totalidade do terreo de xogo, instalacion de rede de tubaxes de drenaxe, capa de grava, capa de area e tepes, asi como un novo sistema de rego.

Nos últimos anos, e tamén na actúal tempada, o club veuse obrigado a trasladar o partidos oficiais na terceira división ao campo da Regueiriña de Barbantes, ante o estado impracticable para o fútbol do terreo de xogo. O Club agradece publicamente no seu comunicado "a sensibilidade que se mostra dende a Deputacioón con esta necesidade ao afrontar integramente a obra, e ao concello do Carballiño por ter realizado o proxecto técnico necesario para a execución do proxecto". Nos últimos anos a entidade provincial xa financiou a construcción de novos vestiarios e a instalación de bancadas no recinto deportivo.

Agora, o club agarda que a obra de poida adxudicar canto antes para que o Estadio de Espiñedo "mostre a súa mellor cara xa dende os inicios da próxima tempada".