Deputación e Concello acordan a mellora da Travesía de Mesego, asi como integrar aos museos do papel, etnógrafico do Arenteiro e Insua dos Poetas, na rede museística provincial

17, Decembro 2020

O presidente da Deputación de Ourense, Manuel Baltar, e o alcalde do Carballiño, Francisco Fumega, reuníronse na sede da entidade provincial para ultimar a colaboración entre ambas administraccións en varios proxectos no concello carballiñés.

No plano cultural, ambos mandatarios mostráronse dacordo para que o museo etnográfico do río Arenteiro pase a integrarse na futura rede museística provincial, un proxecto que ultima a Deputación, e no que tamén se incluirá o museo do papel da Lavandeira, aínda pendiente de rematarse, unha actuación coa que tamén mostrou o seu compromiso o presidente provincial. Nesta mesma rede museística, tamén se quere incluir o museo ao aire libre da Insua dos Poetas, xestionado pola Fundación do mesmo nome.

Ademáis, nesta entrevista de traballo, Presidente da Deputación e Alcalde do Carballiño acordaron a obra de mellora da Travesía de Mesego, que incluirá un novo pavimento. Tamén se abordou a adxudicación da obra de construcción dunha senda peonil de acceso ao Bañiño de Arcos dende a estrada do Reino, na parroquial de Arcos.