Deputación e Entidade Locar Menor repasan proxectos para levar a cabo en Berán
O presidente da Deputación Ourense Manuel Baltar recibíu en audiencia ao presidente da Entidade Local Menor de Berán na sede da entidade provincial.
Ambos, repasaron varios proxectos de colaboración entre as dúas entidades para executar nesta parroquia do concello de Leiro que conta coa única Entidade Local Menor existente na provincia de Ourense.
Entre os asuntos tratados estivo o "proxecto estrela" e que se agarda sexa unha realidade no transcurso deste ano 2018, o relativo a adecuación das instalacións termais do novo balneario, propiedade da Entidade Local Menor, con vistas á súa apertura ao público.