A Deputación e o Concello do Carballiño acordan traballar conxuntamente a prol da mellora de servizos e da calidade de vida da veciñanza do Carballiño

10, Xullo 2024

O presidente provincial, Luis Menor, recibiu esta mañá na Deputación ao alcalde do Carballiño, Francisco Fumega, e ao tenente alcalde, José Castro-Gil. Os máximos representantes da Deputación Provincial e do Concello do Carballiño acordaron traballar conxuntamente a prol da mellora de servizos e da calidade de vida da veciñanza da vila do Arenteiro e do resto do municipio.

Menor, Fumega e Castro destacaron que o encontro foi “moi produtivo e con total compromiso e consenso para solucionar do mellor xeito posible os problemas dos veciños e veciñas do Carballiño, no que estamos comprometidos tanto no Concello como na Deputación”.

Neste encontro de traballo institucional tratáronse asuntos de interese para O Carballiño e nos que se solicitou a colaboración da Deputación, como son a necesidade de mellora das súas infraestruturas deportivas, nomeadamente no pavillón, coa fin de captar novoso usuarios.

Tamén se abordou a oportunidade de avanzar na programación de obras no complexo de A Uceira, optomizar os usos da Residencia de Tempo Libre; melloras viarias e infraestruturas e programación cultural e deportiva.