A Deputación financia a pavimentacion de beirarrúas no poligono industrial do Fondo de Cea e a instalación de barreiras de seguridade nas estradas de Punxín.
A Xunta de Goberno da Deputación de Ourense aprobou hoxe a concesión de achegas económicas en materia de cooperación cos concellos, que desta vez beneficia a dous municipios da comarca carballiñesa.
O concello de San Cristovo de Cea recibe 48.000 euros para a pavimentación de beirarrúas no polígono industrial de titularidade municipal, sito no Fondo de Cea.
Semellante cantidade, tamén 48.000 euros, destínase ao concello de Punxín, neste caso para a instalación de barreiras de seguridade en estradas da rede viaria municipal.