A Deputación instalará cadeiras no Estadio Municipal de Espiñedo
As bancadas do estadio municipal de Espiñedo contarán esta nova tempada con cadeiras individuais para os afeccionados por medio dunha subvención de 13.000 euros concedida pola Deputación de Ourense, según informa o concello carballliñés.
Trátase da segunda axuda do organismo provincial para a mellora das instalacións do estadio municipal de fútbol, tras a reforma efectuada na zona dos vestiarios esta tempada pasada, e que supuxo un investimento de 60.000 euros.
O compromiso para este novo investimento, que fará máis cómoda a asistencia dos afeccionados durante os encontros, ademáis de mellorar a imaxe das bancadas, con cadeiras de cor verde, fora adquirido polo presidente da Deputación, José Manuel Baltar, durante a visita ralizada a estas instalacións deportivas en febreiro deste mesmo ano.