A Deputación mellora a seguridade vial en estradas do concello de Boborás
A estradas provincias 0U-0417, que transcorre entre a N-541 e O Irixo, e faino no termo municipal de Boborás pola Saleta, Fondo de Vila, Xurenzás, Prado e Ventosa, asi como a 0U-0415 entre as localidades de Brués de Feás, serán obxeto desta actuación de mellora da seguridade vial que acometerá a Deputación de Ourense.
Consistirá na sinalización horizontal de ambas estradas, co pintado de ambos viais, e que permitirá circular con maior seguridade, sobre todo cando as condicións meteorolóxicas son menos favorables e diminúe a visibilidade.
Esta actuación viña sendo demanda pola veciñanza, e o concello de Boborás ao tratarse de estradas que son de titularidade da Deputación, trasladou esta petición á entidade provincial, que agora ven de confirmar a súa execución.