A Deputación prepara novas inciativas para potenciar o atractivo turístico do Camiño Mozárabe – Vía da Prata, como obxectivo estratéxico dinamizador da provincia
A Deputación de Ourense reforzará a súa aposta pola Vía da Prata, tal e como avanza o presidente provincial, Luis Menor, ao entender que “estamos ante un obxectivo estratéxico dinamizador da provincia debido ao enorme atractivo turístico do Camiño Mozárabe-Vía da Prata”, polo que a institución provincial intensificará os esforzos para potenciar esta ferramenta clave para o desenvolvemento da provincia.
Así, para aproveitar o potencial diferencial que supón a chegada do AVE, a intención da Deputación é facilitar que os viaxeiros que chegan á estación de A Gudiña poidan comezar neste municipio o seu camiño en bicicleta, ou ben desde a capital a pé, o que lles permitiría en ambos casos acadar a súa correspondente acreditación. Para elo, vanse articular reunións con diferentes asociacións e colectivos, así como o contacto cos alcaldes dos municipios de A Gudiña, Laza, Vilar de Barrio, Xunqueira de Ambía, Riós, Verín, Monterrei, Trasmiras, Xinzo, Porqueira, Rairiz de Veiga, Sandiás, Allariz, San Cibrao das Viñas, Vilamarín, San Cristovo de Cea, Piñor e Ourense, coa fin de aproveitar e á súa vez potenciar os recursos de cada concello.
Tal e como avanza Menor, o plan de actuación desta proposta establecerase proximamente a través de un convenio con Turismo de Galicia, coa fin de maximizar os recursos do territorio provincial marcado polo Camiño Mozárabe -Vía da Prata.