Derrota pola mínima do Arenteiro en Paiosaco, tras un partido marcado pola igualdade

18, Novembro 2018

O Arenteiro caeu derrotado por 1-0 na súa vista ao campo da Porta Santa de Paiosaco, nun partido moi igualado e no que o mái xusto polo visto sobre o terreo de xogo houbese sido un empate.

Porque o denominador común durante a maior parte do partido foi a igualdade entre ambos equipos, incluidos os 15 minutos finais nos que o Arenteiro quedouse en inferioridade pola expulsión de Padrón, ao ver doble cartón amarelo.

O Arenteiro, con Juan Carlos Aguiar como adestrador en funcións, xogou este partido cun 4-4-2, controlou ben ao Paiosaco e sobre todo na primeira parte, chegou máis veces á portería rival, aínda que sen facer ocasións claras, agás  un disparo de Hugo Sanmartín que deu no longueiro xa co gardameta local batido.

Aos 9 minutos da segunda parte chegou o gol local, aínda que o guión do partido apenas cambeou. Seguíu sendo o Arenteiro o que máis buscaba a portería contraria, pero con pouca claridade nos metros finais.

Unha xogada pudo marcar o rumbo do partido, xa que mediada esta segunda parte o árbitro pasou por alto un clamoroso penalti  sobre Hugo Sanmartín, que fixo enmudecer á grada.  local. Definitivamente, parece que este ano o Arenteiro non está a ter moita sorte coas arbitraxes.

Para ver a ficha do partido sigue o seguinte enlace:http://www.futgal.es/pnfg/NFG_CmpPartido?cod_primaria=1000120&CodActa=45...

Cronica do partido en "La Voz de Galicia":www.lavozdegalicia.es/noticia/carballo/a-laracha/2018/11/19/gol-solitari...