Descubren petroglifos na zona onde pretende instalarse a incineradora
O Grupo de Acción Ecoloxista Outeiro presentou esta mañá a solicitude ante a Delegación Provincial de Cultura para a catalogación urxente e toma de medidas de protección dos petroglíficos, asi como a creación dun parque arqueolóxico "por estar representadas na zona todas as secuencias da historia".
O achádego do Grupo Outeiro localízase nos montes comunais de Orosa, O Cardedo, Menaz, Filgueira e Casares, precisamente na zona onde Estéla Eólica ten previsto instalar a planta de residuos. Nas proximidades, atópanse as covas de Valduíde, que en opinión dalgunhos expertos trátase dunha das mellores explotacións romanas de Galicia.
Durante os últimos dias, membros do Grupo Outeiro compartiron con persoas de distintas asociacións este achádego, recorrendo a zona e "explidando o valor tanto arqueolóxico como medioambiental do lugar, tomaronse datos fotográficos, vídeo e coordenadas GPS". Tamén destacaron desde o grupo ecoloxista "o mérito de persoas, asociacións e comunidades de montes que fixeron máis polos petroglifos galaicos que as institucións públicas ao longo da historia".
Finalmente, os ecoloxistas carballiñeses, autores deste descubrimento arqueolóxico, suliñan que "os petroglifos que localizamos son a arte dos primeiros veciños do Irixo, símbolos semellantes aos de Campo Lameiro, onde a Xunta inaugurou fai unhos meses un centro de Interpretación e estudio no que investiu 10 millóns de euros. Debemos estar contentos por atopalos agora ao lado da casa", resaltan.