Desestimado o recurso de súplica do Concello de Leiro pola expropiación da entrada ó novo balneario de Berán
Con data do dia 23 de abril de 2009, a sala do contencioso-administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia
desestimou o recurso de súplica interposto polo Concello de Leiro, contra un acto anterior desa mesma sala na que non se lle adimitía a inexecución da sentencia do Tribunal Supremo, que consideraba non se axustaba a dereito o proceso de expropiación dos terreos nos que se construíu a entrada ó novo balneario de Berán.
No mesmo auto requíreselle o Concello de Leiro que "lleve a puro y debido efecto" a sentencia do Tribunal Supremo. Chegados a este punto, ó non proceder ningún outro tipo de recurso, o Concello de Leiro terá necesariamente que negociar co particular afectado ou levar a cabo o proxecto dunha nova entrada de acceso ás instalacións balnearias.