Desinfectan a casa do concello, que permanece sen actividade ata o próximo luns dia 20
Todas as dependencias que albergan os distintos servizos administrativos municipais, alcaldía, salón de actos e oficinas da casa do concello foron obxecto de traballos de desinfección no transcurso desta mañá, unha labor que tamén se extende aos locais de servizos sociais na rúa Faustino Santalices.
O alcalde ordenou con carácter urxente a desinfección tras confirmarse un caso de positivo en coronavirus por parte dun traballador do persoal municipal que ten o seu posto de traballo na casa do concello.
Atá o próximo lúns, e por este motivo, toda a actividade administrativa e de atención ao público está paralizada.