Desvelan que a Corporación do Irixo aprobou por unanimidade un acordo contra a incineradora en marzo de 2011
A moción fora presentada polo Concelleiro nacionalista Óscar Freixedo Beltrán na sesión celebrada pola Corporación do Irixo o dia 18 de marzo de 2011, daquéla, o pleno acordara por unanimidade dos grupos políticos opoñerse á posible intalación dunha incineradora na Comarca do Carballiño ou limítrofes.
Según consta na acta daquéla sesión, o pleno acorda por unanimidade "manifestar o rexeitamento do Concello do Irixo á implantación da planta incineradora e do complexo de residuos do sur de Galicia na Comarca do Carballiño ou limítrofes, xa que este tratamento dos resíduos afectaría de xeito prexudicial e irreversible ó noso medio ambiente e á saúde das persoas".
Naquela sesión, presidida polo Alcalde Manuel Penedo - que despois no mes de maio revalidaría o cargo tras as eleccións municipais- tamén votaran en contra da posible instalación dunha incineradora os concelleiros Manuel Cerdeira, Nuria Penedo, José Luis Alén e Maria José Villanueva, todos eles do Partido Popular, que tamén forman parte da actúal corporación municipal do Irixo.
Os membros do Encontro Irmandiño, que desvelaron a existencia deste acordo corporativo de marzo de 2011, suliñaron que "esto demostra como son e o que podemos fiarnos deles", dixo Purificación Fernández, portavoz do Encontro Irmandiño do Irixo. Bernardo García considera este feito como "moi grave, despois de tomar un acordo, aos poucos meses fan todo o contrario".