Desvinculase do BNG a candidatura de Piñor, que concurrirá ás eleccións como Agrupación de Electores
Uxío Rodríguez, a quen o BNG anunciara semanas atrás como o seu candidato á alcaldia do Concello de Piñor, concurrirá ás eleccións municipais encabezando unha Agrupación de Electores.
Tamén se desvinculan do BNG a maioria dos integrantes que tiñan comprometida a súa participación na candidatura nacionalista. O motivo son os desacordos das últimas semanas co propio BNG, según explican no seguinte comunicado, que reproducimos integramente.
Comunicado da Agrupación de Electores de Piñor
A mediados do 2014 o BNG de Piñor dirixiuse a Uxío para propoñerlle encabezar a candidatura por este Concello.
Presentada a proposta á asemblea do grupo de Piñor no mes de Novembro, aceptouse por unanimidade.
A línea de traballo que se acordou baseouse na renovación, incorporación de xente nova,dispoñibilidade, equilibrio territorial ( representación de todalas parroquias ) e relevo xeracional.
Despois de varias xuntanzas o candidato presenta unha lista que se aproba co apoio maioritario, casi unánime (coa única oposición de dous membros do BNG). Con posterioridade esas mesmas persoas insisten en impoñer a un deles no segundo posto.
Dáselle traslado á organización do BNG, insistindo en que hai risco de ruptura por esa imposición contra a maioría. A Organización non ofrece alternativa ningunha. Finalmente, o Grupo en asemblea asina un acordo que se lle traslada ó BNG, ó que tampouco resposta.
Chegados a esta situación o grupo que viñamos traballando baixo as siglas do BNG en Piñor, comunicamos a nosa desvinculación do BNG-Asembleas Abertas, optando por presentar a lista aprobada como unha Agrupación de Electores.