Deteñen un carballiñés tras ofrecerlle hachis a un Garda Civil ao que rematou agredindo
O episodio tivo lugar na tarde deste pasado domingo no Carballiño e o seu protagonista foi D.V.P. de 36 anos de idade, que intentou vender hachis a un Garda Civil.
Daquéla, o axente tras identificarse como tal, solicitou a documentación ao vendedor, éste respostou agredindo ao Garda Civil. Máis tarde, o agresor foi detido como "presunto autor dun delito de atentado contra un axente da autoridade", según a nota informativa difundida dende a Subdelegación do Goberno.