Deteñen un veciño de Piñor como presunto autor dos incedios forestais rexistrados na pasada semana neste municipio

14, Xullo 2013

A investigación sospeita que o detido prendeu os  lumes por motivos de caza e non descarta a súa implicación en incendios forestais rexistrados na zona en anos anteriores.

A Policia Autonómica procedeu a detención deste home, veciño do concello de Piñor, como presunto autor dos tres incendios dos pasados dias 6 e 7 deste mes de xullo nas parroquias de Coiras e A Corna, nos que arderon 50 hectáreas de monte, a metade arbolado.

As dilixencias practicadas pola Policia Autonómica xa foron remitidas ao Xulgado nº 1 do Carballiño.