Detidos cinco mozos, tres deles menores de idade, acusados de provocar o incendio no Colexio de Cea
Todos eles foron detidos como presuntos autores de diversos actos delictivos cometidos os pasados dias 28 e 29 de agosto nos Concellos de San Cristovo de Cea e Piñor, entre eles, provocar o incendio que destruíu o edificio de primaria do colexio público de Cea. Tras varios dias de investigacións, a Garda Civil de Cea procedeu onte á detención de cinco mozos, tres deles menores de idade, que foron postos a disposición do Xulgado número dous do Carballiño e da Fiscalía de Menores. Trátase, de P.G.V de 19 anos de idade e I.G.L. de 18 anos de idade, ambos veciños do Carballiño, e tres rapaces menores de idade, veciños de Covas (Cea) e Ourense.
Según o relato da Garda Civil, os cinco mozos apoderaronse o pasado 28 de agosto dun vehículo, nas inmediacións dun bar na localidade de Cotelas, nese vehículo trasladaronse atá o Colexio Público de Cea, ónde se apoderaron de tres ordenadores portátiles e provocaron o incendio que calcinou totalmente o edificio de primaria. O dia seguinte, entraron nas piscinas municipais do Concello de Cea, causando diversos destrozos nos vestiarios e no mobiliario destas instalacións públicas. Pero non acabarían aquí as “aventuras”, xa que ese mesmo dia volvían trasladarse no vehículo roubado atá un camiño forestal na parroquia da Canda, no Concello de Piñor, e alí prenderon lume, que se propagou a un monte próximo, resultando afectada unhas 0, 2 hectáreas de monte baixo.