Dezaoito comparsas participan no gran Desfile-Concurso do martes de entroido carballiñés

12, Febreiro 2018

Dezaoito comparsas participarán no Desfile-Concurso do Martes de Entroido, que comezará ás 17,00 h., co percorrido habitual, e rematará arredor das 19,00 h. Tanto en número de comparsas inscritas como de compoñentes, supéranse as cifras do pasado ano, polo que se prevé un desfile moi participativo e animado.

Malia á previsión de chuvia, mantéñense tanto os horarios como o percorrido, se ben a entrega de premios e a actuación da orquestra-espectáculo “Televisión” terán lugar na carpa instalada na Praza do Emigrante, en vez de na Praza Maior, como estaba previsto nun principio.

En total, repartiránse máis de 6.000 euros en premios, que serán anunciados e entregados nesa carpa a partir das 20,30 h., aproximadamente.

COMPARSAS PARTICIPANTES:

1. OS LIBORIANOS
2. O BOSQUE MÁXICO (ANPA UCEIRA)
3. OS PICAPEDRA DE ASPADISI
4. WESTER CEA
5. ASDIFICA: NON MÁIS LUME!!
6. OS 100TOLOS
7. A LENDA DE LUMAREDA
8. O GRAN MUSICAL DO CASTRO DE SAN AMARO
9. OS ARRIEIROS DE DACÓN
10. OS MEXICANOS
11. OS AZUCARADOS DE MASIDE
12. MAR ENTROIDO DOS NEVADIÑOS
13. OS DA CAÑA
14. ESCOLA DE DANZA CATRO PASOS AFRICANOS
15. TRIBU SAMBURU DE PARTOVIA
16. OS SILLEIROS HIPPIES DE MASIDE
17. OS MUSICAIS DO FREIXO
18. A CINCENTA

PERCORRIDO:
R/ Otero Pedraio/ Conde Vallellano/ Rotonda Alameda/ Avda. Julio Rodríguez Soto/ Calvo Sotelo/ Tomás Mª Mosquera/ Praza Maior.

XURADO:

O xurado estará composto polo concelleiro de Cultura como presidente e un membro máis de cada grupo político con representación no Concello, un representante Do Centro Comercial Aberto do Carballiño (CCA), un representante do movemento veciñal e outro do movemento cultural.

O xurado do premio especial de 300 euros estará composto por un representante de cada comparsa que participe no desfile.

PREMIOS:

1º PREMIO: 1.300 € 2º PREMIO: 1.000 € 3º PREMIO: 800 € 4º PREMIO: 400 € 5º PREMIO: 350 € 6º PREMIO: 300 € 15 accesits de 60 euros ás comparsas que non acaden ningún dos premios anteriores. • As cinco primeiras comparsas gañadoras terán nun incremento de 250 euros cada unha delas, sempre que participen no desfile do día 18 de febreiro, Domingo de Piñata. • Un premio especial de 300 euros para a mellor comparsa que acade a maior puntuación.

Na foto podemos ver a carroza da comparsa "El Gran Musical" de San Amaro, gañadora do primeiro premio do desfile de Ourense, celebrado este pasado domingo.