Dimite dos seus cargos no Concello de Piñor a 1ª Tenente Alcalde, Rosa Mary Lorenzo Alubias
Catro meses despois de tomar posesión como concelleira do grupo socialista en Piñor, Rosa Mary Lorenzo Alubias presentou a súa dimisión de todos os cargos que viña ocupando desde o inicio deste mandato municipal, ademáis de 1ª Tenente de Alcalde de Piñor, tamén exercía como concelleira-delegada de benestar social, sanidade e traballo, asi como de igualdade, xuventude, cultura e participación cidadán.
A renuncia da Tenente Alcalde deuse a coñecer na sesión plenaria que ven de celebarar a Corporación Municipal de Piñor, e na que o Alcalde Francisco Fraga limitouse a agradecer a dedicación da concelleira á vida municipal e anunciou a súa renuncia recurrindo ao tópico "por motivos personais". Non é a primeira dimisión inesperada que se produce nos últimos meses no grupo de goberno socialista do Concello de Piñor, xa que unhas semanas antes de rematar o anterior mandato municipal presentara a súa renuncia Alberto Pousa, que daquéla exercía tamén como Tenente Alcalde. Agora, cando se cumplen catro meses desde a toma de posesión deixa o concello a nº 2 do grupo socialista.