Dimite dos seus cargos a Primeira Tenente de Alcalde do Concello de Boborás, Eva Pardo
A Primeira Tenente de Alcalde e Concelleira de Cultura de Boborás, Eva Pardo González, presentou un escrito no rexistro municipal no que renuncia á acta de concelleira da Corporación do Concello de Boborás, cesando en todos os cargos que ocupa na actualidade, tanto no propio Concello como nos que exercía noutras entidades e mancomunidades en representación do Concello de Boborás. A renuncia da primeira tenente de Alcalde de Boborás, a apenas 6 meses do remate do actúal mandato municipal, colleu de sorpresa ó grupo municipal do Partido Popular, ó que pertencia a concelleira, mentres que o Alcalde Cipriano Caamaño encontraráse este lúns, precisamente ó regreso das súas vacacións, coa dimisión da súa primeira Tenente de Alcalde. As razóns desta renuncia serían de índole persoal, ó non poder desenvolver a súa actividade no Concello . No escrito de renuncia dirixido ó Alcalde, Pardo expón que "quero expresar o desexo de presentar a miña renuncia acta de concelleira xa que ,conforme manifestei en reiteradas ocasións, resúltame cada dia más complicado levar a cabo as funcións establecidas para o meu cargo nas condicións fixadas polo Concello"
Ó último pleno que celebrou a Corporación de Boborás non asistiron as 3 concelleiras do grupo de goberno, ausencias que o Alcalde xustificou por motivos personais. As explicaciós non convenceron ó grupo do BNG, que por medio do seu concelleiro Manuel González manifestou en declaraciós a esta emisora de radio que "algo está pasando no grupo de goberno, porque o Alcalde dixo que a señora Isolina estaba cunha filla en Suiza, e resulta que según a súa familia está en Panamá, atendendo os seus negocios". O Concelleiro do BNG tamén se preguntou "cómo unha señora que leva máis de dous meses fora do Concello de Boborás pode estar cobrando do Concello, xa que tén unha adicación parcial, e non hai cese nin dimisión, qué é logo o que está pasando".