Dimite "por motivos persoais" o Presidente da Entidade Local Menor de Berán. O BNG considera que "mostra o escaso interese do PP pola ELM"
Constantino Vidal, do Partido Poular, que exercía como presidente da Entidade Local Menor de Berán, tras gañar as eleccións celebradas en Maio de 2019, ven de presentar formalmente a súa demisión do seu cargo como máximo responsable da Entidade. Xustifica esta decisión "por motivos personais", cando leva apenas ano e medio de mandato.
Nada máis coñecerse esta nova, o BNG emitíu un comunicado no que manifesta que "ésta é unha mostra máis do escaso interese que ten o Partido Popular por un funcionamento correcto da ELM. O actual presidente nunca mostrou capacidade e iniciativa para defender os intereses de Berán. A súa marcha na metade da lexislatura móstranos a escasa vontade deste señor para solucionar os problemas atopados na súa labor como máximo responsábel da entidade", subliñan.
O BNG, que é a outra formación política representada na Entidade, considera que "con esta dimisión nun momento clave para a aprobación de proxectos estratéxicos na nosa parroquia. A oficialización e recoñecemento do paso por Berán do Camiño da Geira Ribeiro Arrieiro, así como o arranxo e licitación das vellas instalacións balnearias son motores económicos que exixían da acción urxente por parte dun presidente, que dimite por falta de criterio e por incapacidade".
Agora, deberá elexirse un novo Presidente por parte do pleno da Entidade Local Menor de Berán, todo indica que podería ser Avelino Carballal, tamén do Partido Popular e actúal vocal da Entidade.