DIZMAR remata na súa planta do Carballiño a montaxe da estructura metálica do novo hospital de pandemias de Madrid
A planta do Carballiño do Grupo Dizmar rematou en 25 días a montaxe da estrutura metálica do hospital de pandemias de Madrid, que constriu tras o encargo realizado pola Comunidade de Madrid.
O centro sigue o modelo de Ifema e conta con tres pavillóns de 7.400 metros cadrados cada un. Está ubicado na Cidade da Xustiza, xunto a Ifema e o Aeroporto de Madrid-Baraxas Adolfo Suárez. A superficie total do hospital acada casi os 40.000 metros cadrados organizados en tres pavillóns de 7.400 metros cadrados cada un, un centro loxístico/almacén central do Servizo Madrileño de Saúde (Sermas), de 7.900 metros cadrados; unha avenida peonil, un área administrativa polivalente, unha central de instalación, un memorial para as vítimas do Covid-19 e un monumento dedicado aos profesionais sanitarios.