Do 19 ao 21 de Xullo: O Carballiño acolle o mercado medieval A Liorta. Consulta aquí toda a programación.

17, Xullo 2019

A cuarta edición da Feira Medieval A Liorta, que se desenvolverá este venres, sábado e domingo, incluirá algunhas novidades con respecto as pasadas edicións.

Así o sábado 20 de xullo, a partir das 21,30 h., no anfiteatro da Veracruz, o grupo de teatro Dar Trela levará a cabo a escenificación histórica da primeira voda celebrada na feira do Carballiño.

Pero non será a única novidade de A Liorta 2019, senón que ao longo dos tres días haberá multitude de espectáculos de rúa, na Praza Maior e no anfiteatro da Veracruz, como combates, voo de aves rapaces, lume e aéreos sobre estruturas elevadas, ademáis de pasarrúas de músicos, títeres e zancudos, e diversas actuacións sorpresa.

Asimesmo, a partir das 18,00 h., do venres 19 de xullo, estarán abertos os postos, talleres artesanais, rincón infantil, demostración de oficios antigos e exposición de aves rapaces.

PROGRAMA A LIORTA 2019

Venres
18:00 Hrs:
Os artesáns chegados dende todos os puntos cardinais dan vida ao mercado amosando as súas artesanías e produtos.
-Apertura de talleres, rincon infantil e oficios demostrativos antigos
-Apertura da exposición das Aves Rapaces
19:00 H. Pasarrúas musical a cargo do grupo de música Turdion
19:30 H. Funcion de “títeres”(raza Pardo Bazán)
20:15 Tiro con arco gratuíto
20:30 H. Exhibición de Voo.Rapiñas do Salnés (Praza da Veracruz)
21:30 H. orco e carro Matasanum (keppler TYT)
22:00 H. Pasarrúas musical Turdion
22:30 H. Pasarrúas animado
23:00 H. Espectáculo de Lume.- Estático (TENEBRAE) Praza Maior
23:30 H. Pasarrúas musical.- Itinerante.- Turdion
24:00 H. Peche do Mercado. (Hora estimada, variará en función do público)

Sábado:
11:00 H. Apertura do Mercado e posta en marcha dos talleres
11:00 H. Apertura do Rincón Infantil e da Exposición das Aves Rapaces.
11:30 H. Contacontos infantil (Praza Pardo Bazán)
12:00 H. Pasarrúas musical Grimorium.- Itinerante.
12:30 H. Exhibición de Voo.- Rapiñas do Salnés (Praza Veracruz)
13:00 H. pasarrúas animado
13:15 H. tiro con arco gratuíto
13:30 H. Combates Medievales.- Estático.- Especialistas Hípica Celta (Praza Veracruz)
14:00 H. Pasarrúas Musical.- Itinerante.- grimorium
14:30 H. Hora “del Buen Yantar”
17:00 H. Apertura do mercado, postos e talleres en vivo
17:30 H. personaxe sobre bola xigante (niño lapiz)
18:00 H. Matasanum carro endiablado (keppler)
18:30 H. pasarrúas con zancudos e musica
18:45 H. Os Cabaleiros dos Combates recorren o Mercado.- Itinerante.- Especialistas Hípica Celta.
19:00 H. Pasarrúas musical grimorium
19:30 H. Exhibición de Voo.- Estático.- Rapiñas do Salnés.
19: 45 H. función de contacontos
20:00 H. tiro con arco
20:30 H. Combates Medievales.- Estático.- Especialistas Hípica Celta.
21:00 H. bruxa negra aparece en escena ( Keppler)
21:15 H. 1719.VODA OU FODA?
Recreación histórica da primeira voda na feira do Carballiño. Grupo de teatro Dar Trela.
21:30 H. Pasarrúas musical grimorium.
22:30 H. pasarrúas animado música e personaxes
23:00 H. A Dama de Lume.- Espectáculo de lume (keppler)
23:30 H. Pasarrúas musical grimorium
24:00 H. Peche do Mercado.

Domingo
11:00 H. Apertura do Mercado e posta en marcha dos talleres…
11:00 H. Apertura do Rincón Infantil e da Exposición das Aves Rapaces.
11:15 H. Personaxes interactúan co público
11:30 H. Espectáculo de aéreos “Elfa” (Praza Maior)
12:00 H. Tiro con arco e contacontos
12:30 H. Exhibición de Voo.- Rapiñas do Salnés
13:00 H. bola xigante (Niño Lápiz)
13:30 H. Combates Medievais.- Estático.- Especialistas Hípica Celta
14:00 H. Pasarrúas Musical.- Itinerante.- Turdion
14:30 H. Hora “del Buen Yantar”
17:00 H. Apertura do mercado,postos e talleres en vivo
17:30 H. O Fauno.- Itinerante.- Cano Canyon
18:00 H. Matasanum e bruxa negra incordian polo mercado
18:30 H. Os cabaleiros dos Combates recorren o Mercado.- Itinerante.- Especialistas Hípica Celta.
19:00 H. Pasarrúas musical turdion
19:30 H. Exhibición de Voo.- Estático.- Rapiñas do Salnés.
20:00 H. funcion titeres
20:30 H. tiro con arco
21:00 H. Combates Medievales.- Estático.- Especialistas Hípica Celta.
21:30 H. A bruxa negra Keppler.
22:00 H. Pasarrúas musical grimorium.
22:30 H. Espectáculo de aéreos “O Mensaxeiro da sabiduría antiga” (Praza Maior)
23:00 H. Saída do pasarrúas cos fachos ardendo e música pola rúa principal ata a Igrexa da Veracruz.
23:30 H. Chegada á Igrexa da Veracruz e solta de “farolillos”.
24:00 H. Tenebrae.- Espectáculo estático na Veracruz.- keppler.
24:00 H. Peche do Mercado.